ARQUEIXAL ECOAGROTURISMO
  ARQUEIXAL ECOAGROTURISMO
GALEGO ESPAÑOL ENGLISH
FILOSOFÍA ALIMENTOS AGROECOLOXÍA D.O.P ONDE MERCAR RECEITAS VISITAS ONDE ESTAMOS
CONTACTO
UNHA FILOSOFÍA ECOLÓXICA E NATURAL
ampliar ampliar ampliar ampliar ampliar
 
   

A nosa “Granxa Arqueixal” é un proxecto familiar que preserva os valores máis positivos do espazo rural coa práctica dunha agricultura ecolóxica de elevadísima calidade. Vivimos na parroquia de Albá, no concello de Palas de Rei (comarca da Ulloa), e os nosos produtos son o resultado de un modo de vida que se transforma pero que sabe utilizar os seus saberes tradicionais, respectando o medio ambiente, o desenvolvemento sustentado e endóxeno, e a produción artesanal.

Os nosos produtos forman parte da Denominación de Orixe do queixo Arzúa-Ulloa, e tamén do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica.

O noso pilar básico é unha relación de mutua confianza con clientes sempre fieis.

Para nós a alimentación debe estar baseada no respecto pola persoa e o contorno medioambiental. Asumimos isto coa responsabilidade de saber que o presente é un préstamo dos nosos fillos.

   
   
novodesenho_ Valid XHTML 1.0 Transitional Valid CSS