Dispomos dun espazo multiusos, preparado para seminarios, obradoiros, cursos e encontros científicos para pequenos grupos.
Un espazo amplo e tranquilo que nos proporciona unha simbiose co entorno natural, o desenvolvemento persoal e potencia o equilibrio entre corpo e mente, entre emoción e razón.
Aquí terá posibilidade de utilizar este espazo para reunións, encontros. Equipado coa máis moderna tecnoloxía mais sen perder a matriz ecolóxica que nos guía.
Pódese tamén practicar meditación, ioga, Tai-Chi, danza e outras actividades.
Dispomos dunha pequena biblioteca dedicada ao mundo rural, vida saudábel e principios ecolóxicos.
|