| |
 |
 |
 |
|
|
 |
| |
| |
|
Estamos contra o esquecemento, procuramos valorizar prácticas ancestrais. Seguimos o ritmo das estacións respectando o ciclo da terra, promovendo un estilo de vida que é un reflexo fiel da necesidade de reencontrármonos co natural e con nós mesmos.
A sega, a malla, a esfolla do millo, o ciclo do liño... cocer o pan no forno, cultivar a terra, o queixo artesanal... facemos do traballo unha celebración da existencia.
Poderá participar en actividades hai moito esquecidas, viaxar a un tempo de unión entre as persoas e a natureza...
Só comprendendo o pasado poderemos construír o futuro. |
|
|
|
|
|
|
|
|