| |
 |
 |
 |
|
|
 |
| |
| |
|
Somos un proxecto comprometido co medio ambiente, seguimos principios da arquitectura ecolóxica e técnicas de bioconstrución na rehabilitación dos edificios, practicando unha arquitectura responsábel e consciente.
Pedra, madeira, vidro, arxila e cal son os materiais nobres predominantes nas nosas casas. Só usamos pinturas ecolóxicas e illantes de cortiza e fibras vexetais.
Unha casa saudábel é un principio fundamental para unha estadía inesquecíbel. Temos especial atención ao manexo adecuado do espazo interior das casas, a través do Feng Shui, da eliminación dos campos electromagnéticos e da utilización de téxtiles ecolóxicos que coiden o noso espazo vital.
As alternativas enerxéticas están presentes no aproveitamento da enerxía solar, térmica e fotovoltaica así como no emprego consciente de electrodomésticos de baixo consumo enerxético e no aproveitamento máximo da auga utilizada no cotián.
Queremos funcionar como un exemplo de desenvolvemento rural sustentábel, demostrativo e didáctico accesíbel a toda a xente. Sentimos que a nosa vivencia responsábel no local será unha contribución importante para o futuro do planeta e para as xeracións vindeiras.
|
|
|
|
|
|
|
|
|