ARQUEIXAL ECOAGROTURISMO
  ARQUEIXAL ALIMENTOS
GALEGO ESPAÑOL ENGLISH
QUEN SOMOS CASAS PARLADOIRO ECONOMUSEO BLOG O ENTORNO RESERVAS ONDE ESTAMOS
CONTACTO
O ENTORNO
 
   

Estamos situados no corazón da Galiza, na Ulloa, comarca da provincia de Lugo, paso obrigatorio para o peregrino a Santiago polos camiños francés e primitivo. Esta bonita comarca está constituída polos concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. Unha fonte de inspiración para grandes obras literarias.

Talvez o máis sorprendente na Ulloa son as súas paisaxes que se manteñen intactas, resistindo ao paso do tempo. As cores da paisaxe acompañan o ciclo anual, prevalecendo no entanto o verde das forestas de grande valor ecolóxico que cobren estas terras. Habitadas por carballos centenarios, castiñeiros e bidueiros de grande beleza, son un signo de identidade da comarca.

O río Ulla, que dá o nome á comarca, emerxe nestas marabillosas terras dunha multitude de pequenos regatos provenientes das montañas que circundan este territorio: as serras de Ligonde, O Careón, o Farelo e os montes da Vacaloura. As zonas ribeirás do río Ulla e do río Pambre, proporcionan recantos de extrema beleza que convidan ao descanso e á contemplación, mais tamén para realizar distintas actividades ao aire libre: rotas de sendeirismo ou piragüismo. Destacamos as Torrentes de Mácara pola súa beleza salvaxe e impetuosa.

A comarca de Ulloa posúe un patrimonio etnoantropolóxico e histórico de grande valor: petroglifos, mámoas, castros, son testemuños presentes de antigas poboacións que habitaran a área ao longo dos tempos.

A arte románica é predominante debido á pasaxe do Camiño de Santiago que atravesa esta rexión desde a Idade Media, no que encontramos igrexas como : San Cristovo de Novelúa, Santiago de Amoexa, Santa María de Marzá, Santa Mariña de Amarante, San Xiao do Camiño e a igrexa de Vilar de Donas cos seus frescos, que son un exemplo maior da arquitectura románica, que formou parte dun mosteiro fundado no século XII.

A riqueza arquitectónica do noso entorno non está só presente na arte románica, senón tamén nos seus pazos, nos innumerables exemplos de arquitectura popular e na arquitectura militar do Castelo de Pambre que garda de forma impoñente a paisaxe circundante.

Os alimentos da terra son a materia prima dunha gastronomía marcada polos bos queixos, e un afamado pan. Dunha calidade natural, a súa cociña é pura, saborosa, case tan entrañábel coma o lume dunha lareira nas infinitas noites de inverno. Na Ulloa, troitas, queixo, pan e polbo son exquisitos manxares para o padal máis esixente.

   
ampliar ampliar ampliar ampliar ampliar
   
novodesenho_ Valid XHTML 1.0 Transitional Valid CSS