| |
 |
 |
 |
|
|
 |
| |
| |
|
A visita a casa da Rebordela supón unha viaxe de descuberta dunha forma de vida autosuficiente dos tempos preindustriais que permitía á unidade familiar obter do cultivo da terra alimentos que ela mesmo sementaba, almacenaba, transformaba e consumía.
A casa da Rebordela, é un exemplo dunha pequena casa de labranza galega. A súa construción simple, máis resistente, estaba completamente adaptada ao modo de vida dos seus habitantes.
Esta casa é máis que un sarcófago transitábel dun tempo pasado. É unha casa habitábel onde terá oportunidade de experimentar o que era vivir na Galicia rural dos anos 1920-30.
Unha oportunidade única de recuperar prácticas que son cada vez máis importantes debido á situación actual do planeta.
Un novo concepto de recuperar e salvagardar a cultura tradicional como un proceso vivo, dinámico e sustentábel, in situ. Utilizamos o pasado como un recurso renovábel, educacional, científico, artístico, promocional e económico.
Atrévase a vivir unha experiencia única, Unha lección de autosuficiencia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|